A Asociación Sociocultural de Minusválidos
“ASCM” dispón dunha plataforma virtual onde os voluntarios/as da ASCM reciben
os seus apoios dixitais.
Un ano máis a ASCM quere facer un recoñecemento público o traballo e
adicación que solidariamente realizan os seus voluntarios día tras día. Dito
recoñecemento faise a finais de ano porque o 5 de decembro e o día
internacional do voluntariado.
Dende o ano 2005 os voluntarios e voluntarias da ASCM escollen a persoa
que merece dita distinción que
representar o grupo de voluntariado durante 12 meses.
Ata o 15 de novembro as votacións son abertas através do Facebook da
Asociación, posteriormente os propios voluntarios/as elixiran entre os máis
votados ó elexido/a que recibirá dito homenaxe na cea anual que se organiza
para o próximo 30 de novembro no Hotel Husa Odeon nun acto conxunto de
proclamación e entrega do Premio Honorífico “Carro de Prata” e outras sorpresas.
O premio “Carro de Prata”, recoñece e galardoa públicamente, bienalmente
e dun xeito honorífico, a persoas ou entidades que se distinguiron polo seu
traballo e solidariedade que redundara en beneficio do colectivo de persoas con
discapacidade da nosa bisbarra ou que destacaran pola súa labor de apoio á
integración social, cultural ou laboral deste colectivo.
Máis
información:
Ø Rúa
Fernando VI, Blq 2, baixos 18-19. 15403 FERROL. Tf.- 981351430
Ø Estrada
de Castela 256, baixo. 15570 NARÓN. Tf.- 981385366
No hay comentarios:
Publicar un comentario